Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A próxima semana dobre función de "O Florido Pensil"

27/10/2011

A próxima semana chega a Tui “O Florido Pensil” coa compañía Eme2 producción. Ante o gran éxito que a obra está a rexistrar noutros lugares de Galicia, a Concellería de Cultura decidiu xunto coa produtora ampliar o número de funcións previstas en Tui desta representación. Así á xa programada para o venres día 4 ás 21.30h súmase agora outra representación o sábado 5 ás 20.30 no Teatro Municipal.

O florido pénsil conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través dos seus protagonistas descóbrese un fresco no que se suceden as tribunas desde as que franquismo aleccionaba á poboación: en primeiro lugar, a escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista; máis tarde, o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa, representada aquí polo aparentemente inofensivo Tebeo. Pola obra pasan heroes das películas, mestres casposos, mozos máis ou menos espabilados, Roberto Alcázar, o NO-DO, curas, Matías Prats ou Matilde Conesa.

 

Toda a información en www.culturatui.info.