Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Próxima proxección do Cineforum: 22 de febreiro as 18.30 hs "Soño dunha noite de San Xoan"

18/02/2011

Próxima proxección do Cineforum: 22 de febreiro as 18.30 hs  Soño dunha noite de San Xoan (Animación)

 

O próximo 22 de febreiro, último martes de mes, proxectarase no Telecentro da Area Panorámica, no CEIP de Rebordáns, CEIP de Randufe  e nas aulas do CRA Mestra Clara Torres, de forma simúltanea as 18.30 hs, a película de animación: Soño dunha noite de San Xoan. Unha fermosísima e divertídisma película que ten acadado numerosos premios e recoñocemento.

A Concelleira de Educación Patricia Ricón anima os rapaces a asistir as proxeccións nos  propios centros escolares ademais do Telecentro, como forma de apertura dos mesmos as diferentes parroquias, e esperando que alí coincidan cos compañeiros de aula.

 

SINOPSE E FICHA TÉCNICA

 

Soño dunha noite de San Xoan

 

Ficha Técnica

Produción: Dygra Films (España), Appia Films (Portugal)

Directores: Ángel de la Cruz, Manolo Gómez

Produción executiva: Manuel Cristóbal

Xefe de produción: Xosé Francisco Barba

Guión: Ángel de la Cruz, Beatriz Iso, sobre a obra Sueño de una noche de verano, de William Shakespeare

Música: Sergio Pena, Arturo Kress

Fotografía: Alejandro Bálsamo

Director de Arte: Alberto Taracido

Axudante de dirección: Juan Carlos Pena

Director de animación: Julio Díaz

Cor

98 minutos

 

Sinopse: Din as lendas que unha noite ó ano, polo San Xoán, os humanos poden acceder ó Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Así a todo, cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Non obstante, o Mundo Máxico xa non é o que era, polo mal xeito de gobernar do rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.