Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proxección de “Megamind” dentro no ciclo de Cinema na rúa

26/08/2011

A película proxectarase este sábado ás 22.30h na Praza de San Fernando

 

A praza de San Fernando acolle este sábado, ás 22.30h, a proxección da película de animación “Megamind”  dentro do ciclo de “Cinema na rúa” organizado pola Concellería de Cultura de Tui.

 

A película transcorre en Metro City  onde se enfrontan a cotío o supermalvado Megamind co superheroe Metro Man, que bota por terra todos os tentos do vilán de conquistar a cidade. Un día Megamind consegue matar a Metro Man, pero entón decátase de que a súa vida sen un superheroe non ten senso. Por iso crea un novo  defensor do ben chamado “Titán”, pero este resultar ser aínda máis malvado que o seu creador, Megamind, xa que quere destruír o mundo. Por iso Megamind terá que tomar unha decisión difícil.

 

En caso de choiva a película proxectarase no Teatro Municipal. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.

 

Cinema na rúa “Megamind”

Data: Sábado 27 ás 22.30h

Lugar: na Praza de San Fernando

*En caso de choiva proxectarase no Teatro Municipal