Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programación da VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo

22/03/2016


Do luns 28 de marzo ao sábado 2 de abril no Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acolle do luns 28 de marzo ao sábado 2 de abril a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. Na mesma seis grupos tudenses de teatro afeccionado presentarán as súas obras nunha cita xa consolidada nesta programación e que conta con gran acollida por parte do público.

 

Ás entradas poranse á venda cada día no despacho de billetes hora e media antes do comezo da función ao prezo de 1,5€. Unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao patio de butacas.

 

Programación

  • Luns 28 ás 21.15h. O grupo de teatro Aloia da Asociación Aloia de Pazos de Reis presenta “O caso da muller asesinadiña”.

  • Martes 29 ás 21.15h. O grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Xuntanza de Randufe presenta “Romeo e Xulieta”.

  • Mércores 30 ás 21.15h. O grupo de teatro da Asociación San Fins de Rebordáns presenta “A mesa do rincón”.

  • Xoves 31 ás 21.15h. O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui presenta “A miña tía e as súas cousas”.

  • Venres 1 ás 21.15h. O grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Seixos Albos de Areas presenta “Ah...que familia!”.

  • Sábado 2 ás 20.15h. O grupo de teatro da Asociación Santiago de Malvas presenta “A verdadeira historia de carapuchiña vermella”.