Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programación da fin de semana das Festas de San Telmo 2010

9/04/2010

PROGRAMA FESTAS DE SAN TELMO 2010

Venres, 9 de abril

Ás 16.30h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica VI Semana de Cine Infantil coa proxección da película "Lluvia de albóndigas".

Ás 18.00h Apertura de "Expoagro 2010" nos terreos do CEIP nº2. Poderá visitarse ata o luns día 12.

Ás 18.3oh No Paseo da Corredoira Karaoke Infantil.

Ás 21.00h No Teatro Municipal actuación dun grupo de teatro.

Ás 22.00h Karaoke para adultos no Paseo da Corredoira.

Ás 23.45h Campionato de Tute na Cafetería El Pilar.

Ás 00.30h No Paseo da Corredoira actuación do grupo "La Comandancia".

 

Sábado, 10 de abril

Ás 9.00h no Complexo deportivo Álvarez Durán I Trofeo Internacional de fútbol 7 alevín e benxamín.

Ás 10.30h Entrada no recinto gastronómico da Charanga Apeles.

Ás 11.00h Na rúa Compostela inicio da VI Festa Gastronómica con polbo, ostras, filloas e viño albariño.

Ás 11.00h Feira de Mostras do Comercio Local. Organiza: ACITUI e Concello de Tui

Ás 11.30h Entrada da charanga NBA.

Ás 17.00h No novo pavillón de deportes partido de balonmán de Primeira Autonómica Feminina entre os equipos C.B. Tui - Balonmán Coruña, e ao remate encontro entre o  C.B. Tui - Balonmán Narón da Segunda División Xuvenil Masculina.

Ás 18.00h As charangas Apeles e NBA percorren as rúas da cidade.

Ás 18,00h.: Exhibición de artesania de torneiros na exposición "Contornos"

Ás 18.45h No Paseo da Corredoira Quedada Tunning.

Ás 18.30h Festival de Playbacks no Teatro Municipal

Ás 19.30h Entrada da Banda de Música Xuvenil de Xinzo que ofrecerá un concerto ás 20h na Corredoira.

Ás 22.00h Verbena coas orquestras Los Españoles e Capitol.

 

Domingo, 11 de abril

Ás 10.30h entrada no recinto gastronómico da charanga Mekanika.

Ás 10.45h Desfile exaltación do Traxe Galego, coa participación das Raíñas, e damas, dende a Área Panorámica ata á Catedral.

Ás 11.00h Na rúa Compostela VI Festa Gastronómica con polbo, ostras, filloas e viño albariño.

Ás 11.00h Feira de Mostras do Comercio Local. Organiza: ACITUI e Concello de Tui

Ás 11.30h Na Catedral Misa ofrenda a San Telmo polos nenos e maiores ataviados con traxes rexionais.

Ás 11.45h Entrada en Tui da charanga Apeles.

Ás 12.00h Pasarrúas da Banda de Música Popular de Tui.

Ás 1200h.: Exhibición de artesania de torneiros na exposición "Contornos"

Ás 17.00h No Campo de Fútbol Municipal de Tui partido de liga de Terceira Autonómica entre o Tyde F.C.- Oiense.

Ás 18,00h.: Exhibición de artesania de torneiros na exposición "Contornos"

Ás 18.30h No Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui.

Ás 21.30h Verbena coas orquestras Trébol e Trobadores.

 

Luns, 12 de abril

De 8.00 a 10.00h Misas na Capela de San Telmo.

Ás 10.00h Celebración da Feira dos Cabalos.

Ás 11.00h Misa concelebrada na Catedral e procesión das reliquias pola Coronilla.

Ás 18.30h Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

Ás 18.30h Entrada da Banda de Guerra da Brilat Galicia VII.

Ás 20.00h Recital a cargo da orquestra Los Satélites.

Ás 21.00h Solemne procesión de San Telmo, e ao remate ofrenda ao santo na praza de San Fernando.

Ás 23.30h Tirada de fogos de lucería e actuación da orquestra Los Satélites.