Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proceso operarios obras

14/03/2023

Puntuacións provisionais proba galego, proposición candidatos a nomear e data realización sorteo para establecer orde da lista de reserva

Unha vez celebrada a proba de galego, o tribunal publica as puntuacións provisionais, e a proposición de candidatos a nomear funcionarios de carreira do proceso selectivo de tres prazas de operarios de obras funcionarios de carreira, indicando aos aspirantes que unha vez as puntuacións sexan definitivas teñen 20 días para a presentación da documentación necesaria para o seu nomeamento. Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións (prazo que remata o día 16/03/2023). Asemade coma nas bases de selección se establece a formación de lista de reserva, ao existir un empate entre dous candidatos que non se pode resolver cos criterios de desempate previstos nas bases, se comunica que o xoves día 16/03/2023 as 09:00 horas terá lugar na casa do Concello o sorteo para establecer a orde dos aspirantes.