Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Primeira conferencia do Foro do Camiño Portugués - en directo

20/04/2021

Hoxe martes, 20 de abril, ás 19 h terá lugar a primeira das conferencias do Foro do Camiño Portugués posto en marcha polo Concello de Tui. Correrá a cargo de Juan Manuel López-Chaves Meléndez, presidente de honra da Asociación Amigos de los Pazos de Vigo e impulsor do Camiño Portugués.

Será ás 19 h na Aula Cemit, no edificio Francisco Sánchez – antiga Área Panorámica - co aforo xa completo, e será retransmitida en directo no enlace que figura a continuación. 

Juan Manuel López-Chaves Meléndez,  foi, entre outras moitas iniciativas, o organizador en Tui en 1984 do primeiro Encontro do Camiño Portugués e foi o promotor do recoñecemento do Camiño polo Consello de Europa nese mesmo ano 1984, ao aprobar a `recomendación 987´sobre o Camiño Francés, antecedente da declaración do Camiño de Santiago como “primeiro itinerario cultural europeo”. Con esta conferencia de apertura do “Foro do Camiño Portugués” o Concello de Tui quere renderlle un merecido e sinxelo recoñecemento.