Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Preto de 400 motoristas pertencentes a corpos e forzas de seguridade visitaron Tui o pasado sábado

1/09/2014

 

Luns, 1 de setembro de 2014. Preto de 400 motoristas pertencentes a distintos corpos e forzas de seguridade que teñen común a súa paixón polas motos visitaron o pasado sábado a cidade de Tui. A súa chegada tivo lugar pasadas ás once da mañá acendendo dende a Avenida da Concordia ao Paseo da Corredoira que presentou unha estampa nada habitual ao estar completamente ateigada polas motocicletas dos participantes na  IV Concentración Internacional de Policías Motoristas organizada por Motopolisvigo.

 

Dende este céntrico paseo os participantes na concentración dirixíronse ata a Praza de San Fernando, onde foron recibidos polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e polo presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes. Os mandatarios da Eurocidade lles deron a benvida e os convidaron a regresar ás dúas cidades fronteirizas nunha nova ocasión, agardando que sexa embaixadores turísticos da Eurocidade. Houbo intercambio de agasallos entre a asociación organizadora e as dúas administracións locais que brindaron a este colectivo o libro turístico da Eurocidade. Puideron disfrutar tamén do folclore local coa actuación do grupo "Refaixos e polainas" de Baldráns. Tras visitar a Catedral e o conxunto histórico os participantes nesta concentración cruzaron pola vella ponte internacional cara Valença onde tiveron o xantar con produtos da gastronomía portuguesa.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salienta o efecto positivo que este tipo de visitas teñen sobre a cidade xa que por unha banda os asistentes consumen no comercio e na hostalería local, e por outra coñecen tanto Tui coma Valença regresando de seguro noutra ocasión á zona ou recomendando a súa visita a familia e amigos.