Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentada a programación cultural para o segundo semestre do ano: 21 espectáculos de xullo a dexcembro

12/07/2007

Estabilidade, variedade e calidade son as características da programación cultural de Tui para o segundo semestre do anoSon 21 espectáculos cun orzamento de 120 mil euros a desenvolver de xullo a decembro Un total de vinteún espectáculos conforman a programación cultural organizada para o segundo semestre do ano pola Concellería de Cultura de Tui, e que vai desenvolver dende o 13 de xullo ao 28 de decembro.  A variedade caracteriza esta programación, coma en anteriores edicións, xunto a aposta por chegar aos diferentes públicos, así coma a súa continuidade ao longo de todo o ano. O Concelleiro de Cultura, Persoal e Facenda, Moisés Rodríguez, foi esta mañá o responsable de presentar esta programación destacando que ten un orzamento de 120 mil € dos que un 40% son aportados pola propia Concellería, contando para levala a cabo coa confianza de distintos organismos tanto institucionais coma económicos.  Esta programación vai ser difundida ao través da Axenda Cultural “Corredoira” de distribución gratuíta da que se editaron 15 mil exemplares, dos que 5 mil serán enviados por correo aos fogares tudenses, poderase obter en establecementos comerciais e hostaleiros, e será distribuída tamén nos municipios limítrofes. Na Axenda destacar a aposta do Concello polo respecto ao medio ambiente xa que está impresa en papel reciclado libre de cloro. A Axenda súmanse os cen carteis que serán colocados por Tui de cada espectáculos, os flyers, as notas de prensa, así coma publicidade con cuñas e entrevistas na Radio Municipal. Coma novidade para a difusión da programación cultural a Concellería de Cultura contará cunha valla publicitaria de 8x3 metros situada no lateral dereito da Área Panorámica onde se informará das actividades previstas. Amais o público poderá ter a información directamente no seu correo electrónico dándose de alta no Servizo de Información ao Público ao través do enderezo publico.cultura@concellotui.org.  Débese enviar un correo solicitando a alta e logo recibirase puntualmente información sobre cada espectáculo. Programación de VeránXa no que se refire a programación en sí, os espectáculos de verán terán lugar na Praza de San Fernando, na Igrexa de Santo Domingo e no aparcamento municipal.   Os dous primeiros eventos teñen lugar esta mesma fin de semana. Mañá venres celébrase ás 21h na Praza de San Fernando o XXI Encontro Internacional de Corais da Ribeira do Baixo Miño coa participación de dez agrupacións polifónicas e da Banda de Música Popular de Tui, tendendo de novo pontes de amizade entre ambas beiras do Miño. Mentres o sábado ás 22h na Igrexa de Santo Domingo celebrase o primeiro dos dous concertos do que Tui disfrutará no marco do Festival “Via Stellae” da Consellería de Innovación e Industria. Será a quenda do grupo Tasto Solo que ofrecerá un repertorio da Escola Alemá de Tecla do século XV. Este grupo gañou o Concurso de Xoves Artistas do Festival de Amberes en 2006 e conta con gran recoñecemento a nivel nacional.  Tamén no marco de “Vía Stellae” o xoves 19 poderemos disfrutar das Cantigas de Amigo da época medieval nun concerto protagonizado por Paulina Ceremuzynska.  O Teatro está presente tamén nesta programación, o mércores 18 de xullo, coa chegada até Tui de “Las Rutas de la Barraca” que emula o percorrido que entre 1932 e 1936 fixo unha compañía de teatro universitario dirixida por García Lorca. Desta volta será a Compañía de Teatro da Universidade de Xaen. O folclore terá o seu protagonismo cunha nova edición do Encontro dos pobos o día 24 de xullo, e coa Noite Internacional do Miño o 31 de xullo.  Mantense a aposta polo cinema para os máis pequenos coa proxección de dúas películas de animación, “Veciños invasores”, o 27 de xullo, e “Colegas no Bosque”, o 24 de agosto.  A música estará tamén presente o 3 de agosto co XVI Festival de Bandas de Músicas no que participan a Agrupación Musical de Belesar e a Banda de Música Popular de Tui, e co folk galego nos concertos que ofrecerán Milladoiro e Mercedes Peón o 17 e 18 de agosto, respectivamente, no aparcamento municipal onde será instalado un escenario cuberto.  Programación de OutonoPor outra banda a música e o teatro son os eixes entorno aos que xira a programación de outono que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro. Abrirana os grupos folk Faltriqueira e Brath e pecharase co tradicional  Concerto de Fin de Ano. Entrementres poderemos disfrutar coa compañías Sarabela Teatro, Trompicallo Teatro, Fiuncho Teatro, La Canica, Teatro do Atlántico, Galitoon,e Mofa&Befa. Tamén haberá oco para os contacontos co galego Quico Cadaval e o vasco Jose Mari Carrere. En conxunto trátase dunha aposta por unha programación de calidade e estable coa que seguir contando co apoio do público e das institucións. Coma se reflicte no feito de que Tui fose este ano o cuarto concello da Rede Galega de Teatro Auditorios con máis público. E por outra parte neste 2007 bátese record de espectáculos oficiais xa que serán un total 25 espectáculos e 27 funcións cando remate o ano.
 Resumo dos datos da Programación do segundo semestre Datos xerais-          Programación de xullo a decembro-          Total de 21 espectáculos: 11 no verán e 10 no outono Datos Técnicos “Corredoira”:-          Edita a Concellería de Cultura-          Deseño: D+I Gus Abreu -          Textos: Beti Rei -          Imprenta: Gráficas Juvia-          Periocidade semestral-          Distribución gratuíta-          15.000 exemplares-          Consta de 8 corpos de 18cm x 9cm-          Impresa en papel reciclado e libre de cloro-          Enviaranse 5.000 exemplares por Correos, a cada fogar tudense.-          Distribución en establecementos comerciais, hostaleiros, ...-          Distribución de 5.000 exemplares fóra de Tui, poboacións limítrofes. Datos Técnicos de Publicidade e Información:-          Utilización da valla publicitaria de 8x3 metros, instalada no lateral dereito do Edificio “Área Panorámica”, para publicitar ou informar daquelas actividades a desenvolver, tanto no verán, como no outono.-          Reparto de 100 carteis por Tui de cada espectáculo.-          Distribución de flyers en aqueles espectáculos nos que se considere preciso-          Uso da pantalla de plasma no vestíbulo do Teatro Municipal para máis información audiovisual. -          Cuñas e entrevistas na Radio Municipal de Tui-          Servizo de Notas de Prensa aos Medios de Comunicación.-          A novidade do Servizo de Información ao Público, a través do correo electrónico publico.cultura@concellotui.org, para solicitar máis información ou achegala directamente a cada persoa.-          Disposición da Billeteira para acoller máis información ou dúbidas. Datos Técnicos do Orzamento da Programación:-          Orzamento total da programación:               120.000€-          Cantidade aportada pola Concelleríao        Orzamento programación verán: 31.000 €o        Orzamento programación outono: 14.000 €o        Orzamento en publicidade:   5.000 €Total orzamento programación:               50.000 €