Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentada a programación cultural do primeiro semestre de 2012 do Concello de Tui

27/01/2012

O 3 de febreiro comeza a nova programación cultural de 2012

Pese a diminuír o orzamento mantense a aposta pola calidade e por unha programación estable

 

O próximo 3 de febreiro comezará a programación do primeiro semestre do ano en Tui, que se prolongará ata o mes de xuño. Estas actividades veñen recollidas nun novo número da Axenda Cultural Corredoira que foi presentado esta mañá polo alcalde, Moisés Rodríguez, e pola concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez.

Oito son os espectáculos que neses meses se poderán disfrutar no Teatro Municipal con propostas tanto para público adulto coma infantil, onde o teatro é o gran protagonista pero tamén a música tradicional e a maxia. Esta programación ten un orzamento de 33 mil euros dos que o AGADIC aporta o 60% e o concello o 40% restante. A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, destacou que “nos tempos que corren seguir cunha axenda cultural e cunha programación tan extensa non é doado”.

O grupo de teatro Chévere volve a Tui para presentar “Citizen 1”, a primeira parte dun proxecto de investigación teatral. Será o venres 3 de febreiro ás 21.30h.  Dende Baleares chega o 10 de febreiro Disset Teatre co primeiro espectáculo infantil da temporada “Las hadas de la bella durmiente”. Sarabela Teatro actuará o 2 de marzo con “Tango” , unha das obras máis relevantes do teatro polaco estreada hai xa 47 anos. Colle o testigo Caramuxo Teatro, o 9 de marzo, con “Pío”, un espectáculo infantil que mestura o teatro de actor e o teatro de monicreques.   Por último pecha a programación teatral Espello Cóncavo o 16 de maio con “Tres no bambán” .

Xa no que a parte musical se refire a primeira actuación será o sábado 11 de febreiro co espectáculo “Esta noite hai unha fia” da man de “O Fiadeiro”, onde a música tradicional é protagonista. De igual xeito o será a música raiana no concerto que as Malvela ofrecerán o 10 de marzo.  Neste semestre hai oco tamén para a maxia o 11 de maio co mago Romarís.

Nesta programación a desenvolver no Teatro Municipal compre salientar tamén a IV Semana do Teatro Afeccionado que se vai celebrar do 9 ao 14 de abril coincidindo coas festas de San Telmo e na que van participar os grupos de teatro das distintas asociacións tudenses, que este ano presenta como novidade a incorporación do grupo de teatro de Pazos de Reis, e a actuación do grupo de teatro infantil de Randufe.

No tocante á programación exterior a primeira cita será co Entroido, que este ano cumpre o seu 25 aniversario en Tui, o desfile-concurso celebrarase o 21 de febreiro, e o 26 de febreiro, o enterro do Bacallau. Na Corredoira inclúese tamén a oitava edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais.

 

Descargar Programa en PDF (1)

Descargar Programa en PDF (2)