Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación II Campus de Tecnificación Joe Arlauckas

22/07/2014

Martes, 22 de xullo de 2014. Maña mércores, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do II Campus de Tecnificación Joe Arlauckas, organizado polo Club Baloncesto Tui, en colaboración co Concello de Tui, que dende onte e ata o próximo sábado se realiza nos pavillóns deportivos municipais tudenses.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, do concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, do presidente do Club Baloncesto Tui, Juan Ramón Cal, así como polos directores do campus, Joe Arlauckas, ex-xogador NBA e ACB e Marta Zurro, 55 veces internacional coa selección española de baloncesto.