Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do XLIV Descenso Internacional do Miño e do V Descenso Popular do Miño

7/08/2015

 

Venres, 7 de agosto de 2015. O próximo luns 10 de agosto, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, será a presentación do XLIV Descenso Internacional do Miño "Memorial José Manuel Jimenez" e do V Descenso Popular do Miño, organizados polo Club Kayak Tudense, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, que terán lugar o próximo 15 de agosto.

 

Nesta rolda de prensa participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, a deputada provincial de deportes da Deputación de Pontevedra, Chelo Besada, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, así como o director técnico do Club Kayak Tudense, Esteban Alonso.