Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do XLIII Descenso Internacional do Miño e IV Descenso Popular do Miño

13/08/2014

Martes, 12 de agosto de 2014. Maña mércores, 13 de agosto, ás 13.00 horas, no Parador de Tui, terá lugar a presentación do XLIII Descenso Internacional do Miño e do IV Descenso Popular do Miño, organizado polo Club Kaiak Tudense e o Concello de Tui, que terá lugar o sábado 23 de agosto.

Ante os medios de comunicación comparecerán o alcalde de Tui e deputado provincial da Deputación de Pontevedra, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, así como o presidente do Club Kaiak Tudense, José Luís García.