Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do programa de actividades Outubro nos Muíños do río Tripes

7/10/2021

Mañá venres, 8 de outubro, ás 11 h presentarase na senda dos Muíños do río Tripes o programa de actividades Outubro nos Muíños do río Tripes organizado pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes coa colaboración do Concello de Tui. 
A presentación correrá a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Miguel Méndez, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes, Alberto Romer, presidente de honra, e outros membros deste colectivo.