Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro “Luz de tebra” de Angel Vázquez de la Cruz

6/10/2010

MAÑÁ XOVES PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUZ DE TEBRA” DE ANGEL VÁZQUEZ DE LA CRUZ

O Salón de Actos do antigo convento de San Domingos acollerá mañá xoves 7 de outubro de 2010 ás 20,00 horas a presentación do libro do médico e escritor tudense Ángel Álvarez de la Cruz, “Luz de Tebra” que ven de ser editado por Edicións Xerais de Galicia. Esta acto está organizado conxuntamente pola Editorial e a Concellería de Cultura do Concello de Tui.
Nesta presentación contarase coa participación de Manuel Vázquez de la Cruz, o escritor Fran Alonso (subdirector de Edicións Xerais) e o propio autor.
Cabe reseñar que este libro “Luz de Tebra”, editado no pasado verán, é un dos libros mellor acollidos polo público nos últimos meses como quedou evidenciado, por exemplo, na última feira do libro da Coruña.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, resulta especialmente importante esta presentación de “Luz de Tebra” pois amáis do feito de que o seu autor sexa un tudense, afamado pola súa dedicación profesional á medicina e que agora amosa o seu talento como escritor, a cidade de Tui está de noraboa pois é protagonista deste libro que resultará engaiolante para os seus lectores.