Presentación do II Rally da Regularidade San Telmo e do II Torneo de Tenis Eurocidade
Mércores, 23 de setembro de 2015. Mañá xoves 24 de setembro, ás 12.30 horas españolas, no edificio da Cámara Municipal de Valença, realizarase a presentación do "II Rally da Regularidade San Telmo", organizado pola Escudería Doña Urraca, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar este domingo día 26 de setembro.
Na mesma estarán presentes os concelleiros de deportes de Valença e Tui, José Monte e Laureano Alonso, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, así como o presidente da Escudería Doña Urraca, Marcos González.
Á finalización deste acto, as 13.00 horas españolas, celebrarase a presentación do II Torneo de Tenis Eurocidade, organizado polo Club Tenis Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que se disputará entre os días 25 de setembro e o 11 de outubro, nas pistas de tenis de Areas e de Valença.
Na mesma estarán presentes os concelleiros anteriores, así como o responsable técnico do Club Tenis Tui e do torneo, Pablo García.
Presentación do II Rally da Regularidade San Telmo
Día e hora: Xoves 24 de setembro ás 12.30h españolas
Lugar: Cámara Municipal de Valença
II Torneo de Tenis da Eurocidade
Día e hora: Xoves 24 de setembro ás 13.00h españolas
Lugar: Cámara Municipal de Valença