Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do II Festival da Cultural Tradicional e Folk

4/07/2022

Mañá martes, 5 de xullo, ás 12 h, na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación II Festival da Cultural Tradicional e Folk organizado pola Asociación Cultural San Telmo e que abre a programación cultural do verán en Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, da presidenta da Asociación Cultural San Telmo, Conchi Sales, xunto a Ana Mª Pereira Sousa, membro da xunta directiva desta asociación, Xabier Díaz, que estará en concerto o sábado dentro do festival, e Marcos Campos e Alba Faro do grupo Arxe que actuarán o venres.