Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do II Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

23/06/2015

 

Luns, 22 de xuño de 2015. Este mércores 24 de xuño, ás 12.15 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do II Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, organizado pola Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, que terá lugar este domingo 28 de xuño, dende as 10.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

 

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso e o director do Comité Organizador do Campionato, Eduardo Méndez Sanjurjo.