Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do I Festival da Cultura Tradicional e Folk

24/06/2021

Mañá venres,  25 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, realizarase a presentación do I Festival da Cultura Tradicional e Folk. Este evento, organizado pola da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo, se celebrará do 1 ao 4 de xullo.

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, Conchi Sales, a presidenta da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo, David Carbó e Yohel Santos, actor e director da obra de teatro "O Estraperlo", Miguel Ángel Pena Castro, presidente da asociación Fiadeiro que porá música en directo a obra , e  Anxo Lorenzo, gaiteiro.