Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Festival de Outono de Corais de Tui

5/10/2017

Será mañá venres ás 11h na casa do concello 

Mañá, venres 6 de outubro, ás 11h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación do Festival de Outono de Corais de Tui, que se celebra o vindeiro mércores, 11 de outubro.

A presentación correrá a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde; Mª José González, concelleira de Ensino; José Manuel Martínez González, presidente da Coral Centro Social; Vicente Álvarez Fernández, tesoureiro da Coral San Telmo; e Marta Rodríguez, presidenta da Coral Ponte das Febres.