Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Campionato de España de Radio Control Térmico

2/09/2020

Mañá xoves, 3 de setembro, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de España de Radio Control Térmico, que se celebrará no Río Miño, este sábado 5 e domingo 6 de setembro. Está organizado pola Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, os vogais da  Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica, Carlos Estévez e Marcos Casaleiro e o responsable de prensa na Federación Galega de Motonáutica, Juan Caballero.