Presentación do Campionato de España de embarcacións T850, GT60 e GT15
O próximo luns, 12 de maio, ás 12.00 horas, no aparcadoiro do Club Náutico San Telmo de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de España de embarcacións T850, GT60 e GT15. Este evento, que se celebrará o sábado 17 de maio, está organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño.
Estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o Comandante Naval do Miño, Andrés Díaz-Ripoll, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais da Deputación de Pontevedra, Roberto Carrero, o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, Carlos Gago e o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez.