Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación de “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”

20/08/2021

O próximo luns, 23 de agosto, ás 11.00 h no Balneario de Caldelas presentarase “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño” a montaxe teatral que o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga representarán o próximo venres, 27 de agosto, ás 22 h na Ribeira de Caldelas. 

Participarán no acto de presentación a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; o director do CDG, Fran Núñez; o director da Companhia de Teatro de Braga, Rui Madeira; e o presidente da Fundación L. Peña Novo, Xosé González Martínez.