Presentación da XLV Regata Miño Internacional
Mañá xoves, 15 de xaneiro, ás 11.00 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da XLV Regata Miño Internacional, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, coa Federación Galega de Remo, Comandancia Naval do Miño, Deporte Galego da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Protección Civil de Tui. Este evento terá lugar este sábado 17 de xaneiro, nas augas do río Miño.
Na mesma, estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o Comandante Naval do Miño, Victor García, o Comandante do Cabo Fradera, Ignacio Grueiro, o director técnico da Federación Galega de Remo, Juan Zunzunegui, o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, a tesoureira do club, Aurea Gil, acompañados por outros concelleiros e concelleiras da corporación municipal.





