Presentación da programación das Festas de San Telmo 2026
Este venres, 20 de marzo, ás 11 h no Espazo Sociocultural, na rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da programación das Festas de San Telmo 2026 que se celebrará do 4 ao 13 de abril.
Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla; a concelleira de Emprego e Formación, Comercio, Igualdade,Turismo, Patrimonio e Conxunto Histórico, Ana Núñez; o concelleiro de Obras, Medio Rural, Xestión de Residuos, Limpeza Viaria e Deportes, Rafael Estévez; o concelleiro de Economía e Facenda, Urbanismo, Arquitectura Pública, Planeamento, Espazos Naturais e Áreas de Lecer e Parque Móbil, Miguel Méndez; e o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz.





