Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da obra “As que limpan” de A Panadaría

29/01/2022

O próximo luns, 31 de xaneiro, ás 11 h na Sala Xacobeo do edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica terá lugar a presentación de “As que limpan” de A Panadaría. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto ás autoras, directoras e actrices desta obra Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Precisamente o luns A Panadaría inicia unha residencia artística no Teatro Municipal de Tui previa a estrea da súa nova obra “As que limpan” o venres, 11 de febreiro neste espazo escénico. O espectáculo, coproducido polo Centro Dramático Nacional, representarase por vez primeira nivel nacional en Tui.