Presentación da Final a 4 Xuvenil Feminina e Masculina de Balonmán
25/03/2026
Mañá xoves, 26 de marzo, ás 12.30 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Final a 4 na categoría xuvenil feminina e masculina de balonmán, que se celebrará os días 28 e 29 de marzo no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui, organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, a vicepresidenta, Carla Abad, o presidente do Club Balonmán Tui, Agustín Martínez e o director deportivo Jacobo Gregores.





