Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Eurocidade 10

27/05/2014

 

Proba de atletismo organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui-Thermalia, integrada dentro do “Tour Running Rías Baixas” da Deputación de Pontevedra

 

Martes, 27 de maio. Hoxe martes, 27 de maio, ás 11.30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da III Eurocidade 10, proba deportiva organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Atletismo Tui Thermalia, que terá lugar o domingo, 8 de xuño, ás 11.00 horas, con saída no Paseo da Corredoira de Tui, que nesta terceira edición formará parte do “Tour Running Rías Baixas” da Deputación de Pontevedra e que terá como madriña a atleta Solange Pereira.

 

Nesta rolda de prensa estarán presentes o alcalde de Tui e deputado provincial, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Mendes, a deputada provincial Begoña Estévez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, o presidente do Club Atletismo Tui Thermalia, Rafael Pérez, así como os atletas Víctor Riobó e Solange Pereira, madriña desta terceira edición.