Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Copa Galega de Esquí Náutico e da Semana Náutica

13/08/2014

Estas actividades deportivas están organizadas polo Club Náutico San Telmo en colaboración co Concello de Tui

Mércores, 13 de agosto de 2014. Maña xoves, 14 de agosto, ás 11.00 horas, nas instalacións do Club Náutico San Telmo, terá lugar a presentación da Copa Galega de Esquí Náutico, que se celebrará nas augas do río Miño, o sábado 16 e domingo 17, organizado polo Club Náutico San Telmo, en colaboración co Concello de Tui.

Neste acto tamén terá lugar a presentación da "Semana Náutica Coñece o teu río", que por segundo ano organiza o Club Náutico San Telmo, en colaboración co Concello de Tui e a empresa de actividades deportivas Arrepions.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, así como a responsable do área de deportes do Club Náutico San Telmo, Rosa Mª Estévez e o xerente de Arrepions, Ricardo Abundancia.