Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Aloiada 2024

11/06/2024

Mañá  mércores, 12 de xuño, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da Aloiada 2024, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 13 e venres 14  coa participación de  máis de 160 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, que estarán acompañados por ao redor de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.

Na presentación participarán  o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, acompañados por outros concelleiros e concelleiras de Tui, así como os directores e directoras dos sete centros participantes, Manuel Fálquez do CEIP de Pazos de Reis, Nuria Garabal do CEIP Nº1, Ramiro García do CEIP Nº2, Nerea Castro do CEIP de Rebordáns, Manuel González do CEIP de Caldelas, Lydia Arnoso do CEIP de Guillarei e Roberto Díez, do CPR Sta Mª Maristas.