Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da 4ª San Silvestre Solidaria Tudense

17/12/2025

Mañá xoves, 18 de decembro, ás 11.00 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da 4ª San Silvestre Solidaria Tudense, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, que terá lugar o mércores 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui. A proba, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro, conta coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Tui e a Radio Municipal de Tui.

Na presentación de mañá estarán presentes o alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, a presidenta e vicepresidenta do Club Atletismo  Tui, Cristina Piñeiro e Laura Solla, a delegada no Baixo Miño da Asociación Española Contra o Cancro, Pilar Barbosa, a responsable do departamento de sostenibilidade económica da AECC en Vigo, María Gómez, acompañados por outros concelleiros e concelleiras de Tui, así como por xerentes das empresas colaboradoras no evento.