Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Prazas vacantes no curso de competencia clave FCOV22 Comunicación en lingua castelá N2.

9/03/2022

O Concello de Tui dispón de 8 prazas vacantes para a realización do curso de competencia clave FCOV22 Comunicación en lingua castelá N2.

O curso está programado para realizarse entre o 23 de marzo ao 4 de maio, de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

A selección do alumnado realizarase o día 16 de marzo ás 9:30 h no Centro Municipal de Formación en Guillarei, acudindo co DNI. As persoas interesadas deben estar desempregadas e non poden estar en posesión da titulación da ESO nin ter realizado este curso anteriormente.

Pódese ampliar esta información no teléfono 986 60 39 49 ou no correo cfo@tui.gal.