Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Positivo balance da visita da delegación tudense á cidade alemá de Versmold

28/02/2012

Para o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez a vista desevolvida por unha delegación do Concello de Tui á cidade xermana de Versmold, ubicada na rexión de Renania do Norte – Westfalia, ten resultado sumamente positiva pois posibilitou achegarse ao coñecemento da realidade desta localidade e iniciar coas autoridades e empresarios locais o deseño das liñas de traballo a desenvolver para afondar nas relacións entre Tui e Versmold. Unha posible colaboración centrada, entre outras,  en materia laboral, para respostar ás necesidade de emprego daquela cidade en sectores como a distribución ou mesmo especialistas no ámbito da construcción, deseñando perfiles de interese mutuo, asi como a posibilidade de realizar intercambios escolares e de prácticas profesionais.

Un dos momentos de maior emotividades foi o encontro cun amplo grupo de emigrantes, moitos deles procedentes da parroquia tudense de Paramos, que agardaban con grande expectación a visita da delegación municipal tudense. Neste encontro o alcalde e concelleiros entregaron unha equipación para o club de fútbol “Español” que este colectivo promove naquela cidade de Versmold e que dende agora levará o escudo do Concello de Tui.

Ao logo da curta estadía a delegación tudense, amais do devandito encontro coas autoridades locais e cun grupo de empresarios, visitou os lugares máis representativos de Versmold, participou no inicio dos festexos populares que se celebraban esta fin de semana, onde unha persoa resultou gañadora dun concurso para visitar Tui, coñeceron diversos negocios relacionados co mundo da emigración, etc.

O alcalde (Burgomestre) de Versmold, Thorsthen Klute, amosou o interese daquela cidade en iniciar un proceso de colaboración co Concello de Tui que conduza á sinatura dun acordo de irmanamento entre ambas localidades.

Moisés Rodríguez Pérez agradece a acollida dispensada polas autoridades de Versmold, así como a presenza ao longo destas xornadas do Consul General de España en Düsseldorf que acompañou á delegación tudense. Agradecemento extensible aos concelleiros que integraron a delegación municipal ( Vanesa Rodríguez e José Ángel Villaverde, do grupo de goberno, Telmo González, de Alternativa Tudense, Enrique Cabaleiro, do PSOE, e Carlos Vázquez de Converxencia XXI) polo seu apoio nestas xornadas. E un especial recoñecemento para o colectivo emigrantes auténticos animadores deste proceso de amistade entre Tui e Versmold e que traballaron con grande ilusión no desenvolvemento desta visita.