Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Policía Local realiza esta semana inspección de furgonetas e camións

15/02/2016


Súmase á Campaña de Especial Vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico sobre estes vehículos

 


A Policía Local de Tui súmase esta semana, dende hoxe luns 15 ata o domingo 21, á Campaña de Especial Vixilancia e Control de Camións e Furgonetas da Dirección Xeral de Tráfico.


En concreto os axentes realizarán inspeccións sobre os vehículos comprobando as autorizacións e documentos, condicións técnicas e elementos de seguridade, entre outros, así coma sobre os condutores no referente ao seu permiso de condución, tempos de condución e descanso...


Os datos que a Policía Local recolla nesta campaña de vixilancia serán logo remitidos á Dirección Xeral de Tráfico.