Pleno ordinario este xoves ás 20 h
A corporación municipal de Tui reúnese este xoves, 27 de xaneiro, ás 20 h en sesión plenaria nº 1/2022 de carácter ordinario correspondente ao presente mes de xaneiro. A orde do día é a seguinte:
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 6/2021 celebrada o 25/11/2021.
2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central
3º.- Expediente 2681/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 23/12/2021, de desestimación da concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "substitución de fiestras" no inmoble sito na rúa Ordóñez, 10”.
4º.- Expediente 450/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/12/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "acondicionamento de vivenda" sita na rúa San Telmo, 7.
5º.- Expediente 2438/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/12/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "limpeza de tellado e substitución de tellas rotas en alpendre" sito na rúa San Bartolomé, 6.
6º.- Expediente 313/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta de alcaldía de data 17/01/2022, de delegación na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para prazas de auxiliares de policía, prórroga do convenio e designación de membros da Comisión de Seguimento.
7º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta presentada pola voceira do BNG de data 28/09/2021 relativa á moción sobre proposta de uso do edificio Camfran (rexistro núm. 2021-E-RC-6958 de data 29/09/2021).
8º.- Expediente 114/2022. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, para apoiar que se dedique un Día das Letras Galegas ao poeta e ensaísta de Isorna, D. Faustino Rey Romero, sumándose á proposta do Concello de Rianxo.
9º.- Expediente 658/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, relativa á proposta de adxudicación do contrato da prestación do “Servizo de Axuda no Fogar. Prestación básica e dependencia (SAF).
10º.- Expediente 1409/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, relativa á proposta de adxudicación do contrato de "Servizos de limpeza de dependencias".
11º.- Expediente 164/2022. Proposta da concelleira delegada de Facenda de data 24/01/2022, de aprobación de expediente nº 1/2022 de recoñecemento extraxudicial de créditos.
12º.- Mocións de urxencia.
B) Actividade de control:
13º.- Expediente 2705/2019. Dación de conta da proposta de informe de data 29/12/2021 en relación ao recurso especial en materia de contratación nº 294/2021 presentado ante o TACGal pola mercantil HERCE ICR APARCAMIENTOS SL, contra a adxudicación da contratación de concesión de obra pública do aparcadoiro soterrado, e da resolución nº 18/2022 de data 21/01/2022 do TACGal.
14º.- Expediente 2520/2021. Dación de conta do Plan Orzamentario 2022-2024 a medio prazo do Concello de Tui.
15º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de decembro de 2021 e xaneiro de 2022.
16º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía de núm. 2021-1792, de 22/11/2021 ata o núm. 2022-0076, de 22/01/2022.
C) Rogos e preguntas:
17º.- Rogos e preguntas.