Pleno ordinario da corporación municipal mañá xoves ás 20h
A corporación municipal celebra pleno ordinario mañá xoves, 28 de xullo, ás 20h coa seguinte orde do día: 1º.- Aprobación, se procede, de borrador de acta de sesión nº7/2016, de 30 de xuño. 2º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de aprobación inicial de Regulamento da Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Tui. 3º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de supresión das Deputacións Provinciais. 4º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de acordar o cambio e ampliacións de uso do equipamento público nº 116 do PXOM, Escola de Chans-Randufe, de conformidade co art. 42.5 da lei 2/16 do Solo de Galicia. 5º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de inclusión do Concello de Tui na Área Metropolitana de Vigo. 6º.- Control ós órganos de goberno: 6.1. Disposicións de interese. 6.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario. 6.3. Mocións. 6.4. Rogos e preguntas.