Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno ordinario da corporación municipal de Tui este xoves, 27 de outubro, ás 20h

25/10/2016

A corporación municipal de Tui celebra este xoves o pleno ordinario correspondente ao presente mes de outubro. Son tres o puntos que figuran na orde do día.

ORDE DO DÍA

1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE  BORRADOR DE ACTA DE SESIÓN ORDINARIA Nº10/2016, DE 29/09/2016.

2º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL DE RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POR JOSE ANGEL FERNANDEZ RODRIGUEZ CONTRA MODIFICACIÓN DE RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NO POSTO DE TÉCNICO DE XESTIÓN.

3º.- CONTROL ÓS ÓRGANOS DE GOBERNO:

3.1. Disposicións de interese.

3.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

3.3. Dación de conta do informe trimestral de intervención de cumprimento das obrigas trimestrais de subministración de información da Lei 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, correspondente ao segundo trimestre do 2016.

3.4. Dación de conta do informe trimestral correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2016, elaborados conforme a Guía para a elaboración dos informes trimestrais que as entidades locais deben remitir ao Ministerio de Economía e Facenda, en cumprimento do artigo 4º da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de Medidas de loita contra a morosidade.

3.5. Mocións.

3.6. Rogos e preguntas.