Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno Ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de xaneiro

25/01/2018
Casa do Concello

Será este xoves, 25 de xaneiro, con 12 puntos na orde do día

A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 25 de xaneiro, ás 20h pleno de carácter ordinario con 12 puntos na orde do día. 

A)Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº 14, de 28 de decembro de 2017.

2º.- Toma de razón de escrito de renuncia de concelleiro José Rodríguez Romero (RE 11821 de 29/12/2017), e que se remita á Xunta Electoral Central para a remisión da credencial do correspondente concelleiro electo de lista que corresponda (José Prada Alvarez ).

3º.- Expediente 2853/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de recoñecemento da bonificación do imposto de construcións, instalacións e obras a Couceiro Babarro, C.B., por cambio de cuberta no inmoble sito na Praza do Concello, 4.

4º.- Expediente 2886/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de denegación bonificación do imposto de construcións, instalacións e obras a Dona Teresa Guerao Alonso correspondente ás obras de mellora e mantemento de inmoble sito na rúa Rosa Bahamonde, 12-2º B.

5º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de supresión de dedicación parcial.

6º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal en relación coa moción do PSdG-PSOE sobre adhesión ao Convenio tipo da Xunta de Galicia para convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de Policía Local e as prazas de auxiliares de Policía Local.

7º.- Expediente 91/2018. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais relativo a reactivación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Local.

8º.- Proposta de Alcaldía de adxudicación na contratación, por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, do Servizo de Limpeza Viaria do Concello de Tui. Contrato suxeito a regulación harmonizada. 9º.- Mocións de Urxencia.

B) Actividade de control:

10º.- Disposicións de interese.

11º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía dende nº 2017-1621 de 22/12/2017 ata o nº 2018-0053 de 19/01/2018.

C) Rogos e preguntas:

12º.- Rogos e preguntas.