Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno extraordinario da corporación o martes 15 de setembro

14/09/2026

A corporación municipal de Tui celebrará pleno de carácter extraordinario, ante a «necesidade de continuar a tramitación do expediente de contratación para a “Renovación das instalacións do alumeado público exterior do Concello de Tui”, tendo en conta os prazos vinculados á actuación financiada polo IDAE» ,o martes, 15 de setembro ás 20 h, coa seguinte orde do dia: 

A) PARTE RESOLUTIVA

1.Expediente 4789/2026. Aprobación do ditame sobre a contratación da “Renovación das instalacións do alumeado público exterior do Concello de Tui”, contrato mixto de subministración e obras, mediante procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria..

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

Non hai asuntos

C) ROGOS E PREGUNTAS

Non hai asuntos

 Convocatoria Sesión 6/2026 de pleno extraordinario