Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pista Catro trae a Tui un espectáculo de clown musical titulado “Ringo, Rango”

20/10/2011

Será o venres ás 20h no Teatro Municipal


As entradas están á venda na web www.culturatui.info

 

Un espectáculo de clown familiar é o que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Pista Catro que leva a escena “Ringo, Rango”. A función comeza ás oito da tarde.

O espectáculo está dirixido por Marcos Orsi e Rolando San Martín, e o elenco está formado por Pablo Reboleiro “Trasno”, Aitor Garuz e Xabier García Mera.

Tres amigos con personalidades opostas son os protagonistas dos distintos sketchs nos que están presentes elementos coma unha guitarra, unha batería, un acordeón, ou balóns de baloncesto.  Os tres amigos únense para mostrar a bondade e a saúde de ser un mesmo. Fano cun cóctel  de circo, música e humor, surrealista e impensable que transcorre a un ritmo trepidante. O resultado é un espectáculo para todos os públicos remendado a partir dos catro anos.

A compañía Pista Catro forxouse, dende a súa creación no ano 2008, un nome propio no novo circo, non só en España senón tamén a  nivel internacional. Este mesmo mes estiveron actuando na sala “Atelier du Plateau” de París no marco do programa cultural “Fait son Cirque” organizado por Jeunes Talents Cirque Europe.

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.

 

Pista Catro con “Ringo, Rango”

Data: Venres, 21 de outubro, ás 20h

Lugar: Teatro Municipal

Entradas: 3€ e 2€ á venda en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.