As piscinas municipais de Tui xa están abertas ao público
4/07/2016
As piscinas municipais de verán de Tui xa están abertas ao público, cun horario de luns a venres de 13.00 a 21.00 horas, e sábados, domingos e festivos de 12.00 a 21.00 horas.
Os prezos da piscina municipal serán os mesmos do anos pasados, sendo os seguintes:
Entrada individual adulto – 2€
Entrada individual infantil – 1,5€
Bono 30 baños adulto – 40€
Bono 30 baños infantil – 35€
A piscina municipal estará aberta ata mediados do mes de setembro.