Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As pinturas de cidades protagonizan a exposición de Ángel Torres na Área Panorámica de Tui

9/03/2016

Onte inaugurouse a exposición pictórica de Ángel Torres na zona anexa á Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.  O acto contou coa presenza do alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, María José González e do propio pintor, Ángel Torres.

A exposición está formada por pinturas hiperrealistas de mediano e gran tamaño onde se amosan rúas, monumentos e panorámicas de cidades coma Tui, Pontevedra, Santiago, Madrid ou Mallorca. Amais, hai cadros de temática relixiosa realizados con pinceladas moi rápidas e outra colección realista dedicada a hindús.

O pintor Ángel Torres xa ten exposto con anterioridade en Tui, así coma en Salceda, Pontevedra, Arzúa, A Coruña ou Madrid.

A exposición pode visitarse ata o 4 de abril en horario de luns a venres de 9 a 14h e de 16.30h a 20.30h.