Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Peche dun tramo da rúa Compostela por obras e prohibición de estacionar no conxunto histórico por tarefas de limpeza

16/03/2016

O tramo da rúa Compostela comprendido entre o cruzamento coa rúa Ourense e a rúa Casal Aboy está pechado ao tráfico e á circulación debido as obras que se están acometendo para o saneamento do novo centro de saúde.


Por outra parte estanse a realizar tarefas de limpeza en diversas rúas da cidade motivo polo que nestas non se pode estacionar nas datas en que se realizan estes traballos. Así hoxe mércores, 16 de marzo, non se poderá estacionar na rúa Ordóñez, na Praza do Concello e noutras rúas do casco histórico.