Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Peche da rúa Bispo Lago durante 24 horas por obras

21/01/2016

Dende mañá venres, 22 de xaneiro, ás oito da mañá e ata o sábado ás oito da maña non se poderá circular nin estacionar na rúa Bispo Lago (rúa Nova) de Tui. Este peche da rúa débese as obras que se están acometendo na mesma para o arranxo do firme.

Por outra parte o Concello de Tui informa que dende o próximo luns, 25 de xaneiro, a baixada ao Casino dende a Avenida da Concordia será dirección prohibida, polo que este vial pasará a ser peonil e non se poderá circular polo mesmo coa excepción do acceso as garaxes.