Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pecha la exposición da XV Bienal de Cerveira en Tui con 900 visitas

3/09/2009

A EXPOSICIÓN "ASSOCIAÇAO PROJECTO - NDC" DA XV BIENAL DE CERVEIRA PÉCHASE EN TUI TRAS RECIBIR 900 VISITANTES

 

Estes días ven de pecharse a Exposición da "Associaçao Projecto - NDC" que forma parte do programa da XV Bienal de Cerveira. A mostra recibiu case novecentas, en concreto 892, visitas dende o pasado 18 de xullo, data da súa inauguración. Un ano máis Tui foi a escollida como unha das sedes desta Exposición, neste caso a única localidade galega que nesta edición participou nas mostras deste importante acontecemento artístico.

 

Acacio Carvalho, Agostinho Santos, Alírio, Ana María, Alvaro Queirós, Belkiss Oliveira, Carlos Barreira, Celeste Cerqueira, Cristina Leal, Daniela Steele, Henrique do Vale, Manuel Bronze, María Conde, Joao Carqueijeiro, Silvestre Pestana, Susana Bravo e Henrique Silva, son os nomes dos artistas portugueses que xunto unha brasileria, un angolano e un mozambiqueño conforman esta exposición que amosa a vitalidade da expresión artística da cultura vencellada á lusofonía.

 

Esta Associação Projecto-Núcleo de Desenvolvimento Cultural ten a súa sede en Vilanova de Cerveira e ven traballando arreo, baixo a dirección de Henrique Silva na afirmación de Cerveira como vila das artes e que posue a súa preferente expresión na celebración da Bienal e no Forum Cultural de Cerveira, no Museo da Bienal, etc.

 

Para o Concello de Tui foi unha honra acoller esta mostra artística e formar parte do programa da Bienal de Cerveira, tratando de incrementar á comunicación cultural cos nosos veciños de Portugal promovendo actividades de achegamento entre ambas ribeiras do Miño.