Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Paulina Ceremuzynska ofrece mañá na Igrexa de San Domingos un concerto de “Cantigas de Amigo” no marco do II Festival de Música de Compostela e os seus camiños “Via Stellae”

18/07/2007

Paulina Ceremuzynska ofrece mañá un concerto de “Cantigas de Amigo” no marco do II Festival de Música de Compostela e os seus camiños “Via Stellae” Actuará na Igrexa de Santo Domingo ás 22h

Mércores 18 de xullo de 2007. A Igrexa de Santo Domingo acolle mañá xoves, 19 de xullo, ás 22h, o segundo dos concertos que se celebran en Tui  no marco do festival Via Stellae. Desta volta será a artista polaca Paulina Ceremuzynska quen ofreza un recital de “Cantigas de Amigo”.  Cativada por esta lírica profana achegouse dende Varsovia a Santiago; o seu traballo, nada doado, é xa unha gravación discográfica "E Moiro-me d’amor", o seu directo poderemos disfrutalo mañá xoves en Tui. Estará acompañada por Zofia Dowgliallo, arpa romántica; Fernando Reyes, cítola e laúde medieval, e Carlos Castro, percusión.

Paulina Ceremuzynska con de “Cantigas de Amigo”Data: Xoves 19 ás 22.00hLugar: Igrexa de Santo DomingoEntrada Libre até completar o aforoOrganiza: Concellería de Cultura