Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A parada de Taxis trasládase á Praza de Galicia

19/02/2007

A Parada de Taxis trasládase o próximo luns á Praza de Galicia
Venres 16 de febreiro de 2007 A Concellería de Tráfico do Concello de Tui informa que dende o próximo luns, 19 de febreiro, a Parada de Taxis do centro urbano cambia de emprazamento. Do lugar que vén ocupando nos últimos anos na rúa Rosa Bahamonde, a parada deste servizo público vaise trasladar á Praza de Galicia,e inicialmente tamén á rúa Camilo José Cela, ante as próximas obras de humanización que se van acometer na praza.

Con esta medida o Concello busca dar un mellor servizo aos usuarios deste transporte, emprazándoo máis preto do ambulatorio e da parada de autobuses.

O acordo foi tomado recentemente na Xunta Local de Goberno do Concello co que se completa un proceso desenvolvido nos últimos meses nos que se tiveron diversos contactos cos taxistas locais e nos que incluso foi preciso modificar a ordenanza municipal deste servizo. Segundo o Concelleiro de Tráfico, Antonio Castro Negro, a medida foi consensuada co sector.