Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os xornalistas especializados en turismo “sorprendidos” polos atractivos de Tui

3/03/2010

O luns cearon nun restaurante local onde lles cativou a cociña galega

Os xornalistas especializados en turismo "sorprendidos" polos atractivos de Tui

Foron recibidos polo Alcalde e realizaron unha visita guiada á Catedral e ao Conxunto Histórico

 

Martes, 2 de marzo de 2010. Unha vintena de xornalistas especializados en turismo quedaron "sorprendidos" polos atractivos de Tui neste eido logo da visita que onte luns e hoxe martes realizaron á cidade.

 

A primeira hora desta mañá foron recibidos polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, na Casa do Concello, onde lles deu a benvida e desexou que se levasen unha boa lembranza do municipio para así poder logo transmitilo nos seus respectivos medios. Fixo fincapé o rexedor tudense no feito de que Tui é a Porta de Entrada do Camiño Portugués a Santiago, o que interesou a estes especialistas turísticos xa que o seu principal interese está no coñecemento do camiño portugués de peregrinación a Compostela.

 

No nome de todos eles Mariano Palación, Presidente de FEPET, salientou que Tui inciou un camiño do turismo que non ten remate e aseverou que "cando un empeza neste camiño as posibilidade son inmensas" pondo de relevo que Tui ten a posibilidade de que "sexan moitos os miles de turistas que descubran a cidade  a través precisamente dun ano coma é o Ano Xacobeo".

 

Participaron nesta visita, organizada polo Concello de Tui e a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agatex), representantes da Cadena COPE (Madrid e Bilbao), do Diario Alerta (Cantabria), do Diario de Las Palmas (Gran Canaria), da Revista Events (Barcelona), da Revista El Piripao (Barcelona), do Diario de Viajes (Madrid e Barcelona), de Las Provincias (Valencia), da Revista Viajeros (Aragon y Cataluña),de La Veu d'Anoia (Cataluña), "HG&T", de La Voz de Galicia, e de Faro de Vigo, xunto a representantes de Turespaña e a Directora Xeral de Fitur.

 

Francisco Rivero, representante de Turespaña e Presidente de APETEX, explicaba que a visita foi "sorprendente" explicaba que "para mín foi un encontro sorprendente cunha cidade marabillosa, que ten un encanto especial". Sinalaba que "é moi recomendable visitala, coñecela e saber un pouco a historia, as costumes, e arte do lugar".  Apuntaba que lles resultou sorprenden o "conxunto monumental que supón un encontro coa historia galega". Tiña tamén eloxios Francisco Rivero para a gastronomía local, que coñeceron a través dunha cea celebrada nun establecemento do cidade. Manifestaba que "foi histórica na vida persoal e profesional" sinalando que "foi un redescubrimento coa cociña galega nunha forma nova de facer,e cun trato delicioso dos produtos da rexión".  Sobre este punto pronunciábase tamén Mario Hernández do Diario de las Palmas e Premio Nacional de Gastronomía en 1994, quen apuntaba que lle sorprendeu a cea porque "era dunha elegancia..., dun modernismo pero sensato, con fundamento".  Engadía Marío Hernández que logo a visita a Catedral e ao Conxunto Histórico foi "sorpresa tras sorpresa".

 

Pola súa parte o Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, valorou o gran interese desta visita para o Concello xa que favorece a promoción turística da localidade e apoia o traballo que dende o goberno municipal tudense está a desenvolverse para a difusión de Tui como elemento central do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela, avalado pola historia.