Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os voluntarios de Protección Civil en formación continua

27/10/2022

Nos próximos días incorpóranse seis persoas á agrupación tras realizar o curso básico

Os voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui fórmanse de maneira continua ao longo de ano coa realización de distintos cursos especializados.  Este colectivo pasará nun días a contar con vinte voluntarios, ao incorporarse seis persoas.

Estes novos voluntarios e voluntarias realizaron a pasada fin de semana no Porriño o curso básico para incorporarse á agrupación.

Amais, outro dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil está a realizar o curso de Incendios Urbanos e Forestais no concello de Incio, na provincia de Lugo, xunto a outra voluntaria que está a realizar a mesma formación en liña. Asemade, tres voluntarios estiveron a realizar o curso para obter a licenza de navegación en Vilanova de Arousa. Outro dos membros de Protección Civil de Tui asistiu no concello da Veiga, en Ourense, a un curso de Accidentes en Estrada.

Mañá mesmo, sábado 29, unha voluntaria realizará o curso de Desfibrilación semiautomática externa na Xefatura Provincial de Pontevedra, e o 9 de novembro, outro voluntario asistirá ao curso de Coordinación Operativa en Plans de Emerxencia na estrada. 

Así, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil prepárase de forma continua ao longo do ano para afrontar as distintas actuacións que levan cabo tanto en eventos programados coma en accidentes levando a cabo un labor encomiable de forma totalmente altruísta. Por exemplo, foron o pasado sábado 22 de outubro, actuaron en distintos puntos do municipio nunha madrugada que deixou numerosas incidencias como caída de árbores, accidentes de coches ou inundacións.

Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento  ás persoas que integran a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui polo tempo que dedican a labores de protección da cidadanía sen ningún tipo de remuneración.