Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os Reis Magos percorren este venres as rúas de Tui, a cabalgata partirá as 18,00 h. da antiga Alfándega

3/01/2007

A comitiva partirá o venres ás 18h dende a antiga aduana ata a Corredera
Os Reis Magos percorren este venres as rúas de Tui
Irán a cabalo acompañados de paxes e carrozas

Todo esta preparado para que este venres a Cabalgata de Reis percorra ás rúas de Tui. Coma vén sendo tradicional as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, partirán ás 18h dende a antiga audana, a carón da vella Ponte Internacional para dirixirse até o Paseo da Corredera percorrendo a Avenida de Portugal, a rúa Martínez Padín, e Augusto González Besada.

As súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tres magníficos corceis acompañados por 24 paxes e 7 carrozas cheas de agasallos e de ilusión. A nota musical correrá a cargo da Rondalla de Chain - Gondomar e escoltarán a comitiva a Policía Local e dous camións dos Bombeiros Voluntarios de Valença do Minho.

No seu percorrido os Magos de Oriente, canda os seus paxes, repartirán máis de 1.250 quilos de caramelos e un millar de globos coma anticipo dos agasallos que pola noite levarán ata tódalas casas. Ao final do percorrido, no Cantón de Diómedes, onde se instalará o Portal de Belén, darase lectura á Mensaxe Real, mentres Melchor, Gaspar e Baltasar faran a súa ofrenda ao neno de Ouro, Incenso e Mirra.

Unha vez rematada a ofrenda haberá unha tirada de fogos de artificio e a continuación os nenos poderán subir a saudar ós Reis Magos

A Cabalgata de Reis está organizada pola Concellería de Cultura, Comercio, Turismo e Medios de Comunicación de Tui coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, Peña Cabalar “Val do Louro” de Ribadelouro, o grupo scouts “Alhoia”, URE Baixo Miño, Ambulancias “Baixo Miño”, os Bombeiros Voluntarios de Valença do Minho, a Radio Municipal de Tui, conductores e persoal do Concello de Tui, e as Asociacións Culturais de “Aloia” de Pazos de Reis, “Seixos Albos” de Areas e Santa Columba de Ribadelouro. Tamén é importante a colaboración dos cidadáns de Tui e a comarca para o bo desenvolvemento desta actividade.

A Concellería de Cultura agarda que máis de 6 mil persoas ateiguen as rúas tudenses para presenciar la Cabalgata de Reis. Un evento que conta cun orzamento superior ós dezaoito mil euros, e no que participarán de xeito activo máis de dúascentas persoas.

Previamente a súa presencia na Cabalgata de Reis, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán pola mañá ás Residencias “Paz e Ben”, e “San Telmo”, para entregar tamén aos maiores que nelas viven os seus agasallos. Irán acompañado pola Rondalla de Pontellas

Cabalgata de Reis en Tui
Data: Venres 5 de xaneiro de 2007 ás 18.00 h
Percorrido:Dende a antiga Alfándega – á carón da vella Ponte Internacional – ata o Paseo da Corredera
Organiza: Concellería de Cultura, Comercio, Turismo e Medios de Comunicación do Concello de Tui